lunes, 21 de junio de 2010

PARA LEVAR Á PRAIA OU SE QUERES AO MONTE

LECTORES MAIORES (PROFES E OUTROS PEQUENIÑOS)

"LOS 13 RELOJES" JAMES THURBER. “Unha xoia da literatura fantástica”.

“Cheo de espías, monstros, traicións, fuxidas polos pelos, feitizos que deben romperse aos que Thurber sabe darlles o seu toque particular de ironía e humor impasibles (…). O resultado é unha apetecible mestura de aventuras, humor e sátira que desafía calquera clasificación convencional ” Los Angeles Times”.

Editorial Ático de los Libros

"BILBAO-NEW YORK- BILBAO". KIRMEN URIBE

“Cando un libro namórache como o fixo este impresionante, imprescindible, marabilloso e xenial Bilbao-New York-Bilbao de Kirmen Uribe, quedo ás veces sen recursos para contar o moito que me gustou, o fondo que me calou, o que me fascinou ese ton poético e máxico conseguido mediante unha prosa nada poética…” “El Blog de Metrópolis Libros”

Editorial Seix Barral.


"CONFUSIÓN E MORTE DE MARÍA BALTEIRA". MARICA CAMPO

“… desde a calidade e riqueza da lingua galega na que están escritos até as moitas facetas que ofrecen con respecto ao contexto galego, da perspectiva feminina, das tramas tanto orixinais como arquetípicas…

O mundo encantado e imaxinado non presenta dificultades de interpretación: a maxia é quen de suxerirnos moitas cousas, todas feiticeiras ou atraentes, esenciais para comprendermos o que é a nación galega (...)

Baía edicións.



"LA APUESTA". JOHN BOYNE

Recentemente publicado, aparece este pequeno relato escrito expresamente para formar parte da serie Quick Reads (Lecturas Rápidas), unha iniciativa lanzada co fin de fomentar o hábito de lectura entre os adultos no Reino Unido. Con este número da devandita colección John Boyne conseguiu un inesperado éxito de vendas no seu país.

Editorial Salamandra

Para os máis pequenos. Para contar contos.

"LA GRAN FÁBRICA DE LAS PALABRAS". AGNÉS DE LESTRADE.
ILUSTRACIÓNS VALERIA DOCAMPO

Ed. Sleepyslaps


Unha marabilla para ler e regalar