O libro que escollín foi "Po de estrelas. Novas receitas científicas de Os dados do Reloxeiro"do autor Xurxo Mariño Alfonso. Consello da Cultura Galega. Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade.
Cousas que me gustaron
É un libro que toca as ramas da ciencia e relata feitos moi curiosos dunha forma moi sinxela e fácil de entender, ademáis aprendín moitas cousas que non sabía sobre ciencia que son realmente sorprendentes. Ademáis gustoume moito a historia das flores das figueiras, xa que o autor o relata dunha forma moi interesante.Valoración 5 sobre 5
Cousas que aprendín (Unha pequena mostra de distintos capítulos)
- Para comezar, un bico.
O hemisferio esquerdo do cerebro asóciase co pensamento lóxico e a toma de decisións firmes; mentres que o lado dereito asóciase co comportamento intuitivo e creativo. O hemisferio dominante cambia cada certo tempo e nas persoas que este cambio se retarda aparecen enfermidades como a depresión (se o que domina durante máis tempo é o dereito) e o trastorno bipolar (se é o esquerdo).
- Seres máis o menos humanos.
A bacteria causante do acné, convive con nós alimentándose da graxa producida nos folículos pilosos. Cando a graxa é excesiva, esta bacteria se reproduce de máis e xera unha resposta do sistema inmune, provocando os molestos granos.
- O medio natural e nós, matrimonios de conveniencia (Ecoloxía)
As figueiras viven en estreita relación cunhas avespas minúsculas, que se reproducen grazas ás figueiras, que á súa vez precisan ás avespas para reproducirse. Cada tipo de figueira ten o seu propio tipo de avespas, que viven en perfecta sincronización co vexetal.